--

<> en galego

-- at

#non_aturo a xente que tenta falar galego e pasa a vida usando o <<y>>. Se non sabes galego non o fales pero o <<y>> non existe en galego. É a primeira cousa que se aprende por unha razón moi sinxela, soa como o carallo, persoalmente paréceme inaturable. Por certo, este fenómeno semella máis notable entre moitos políticos.

>> Juan Antonio Añel:

“Se non sabes galego non o fales”

Nadie nace sabiendo, no? Digo yo que tendran que aprender, y eso implica equivocarse.

JanKusanagi @identi.ca at 2015-03-16T23:59:34Z

Intentarei explicarme mellor: o uso do <<y>> en galego é unha cuestión básica, é decir, se calquera persoa que fala castelán asistise a unha clase de 10 minutos de introducción o galego sen dúbida entre as cousas que lle explicarían estaría que en galego o <<y>> non existe, que é un <<e>> o que se usa no seu lugar.
Un cargo público que reiteradamente fai intervencións nas que usa <<y>> no lugar  do <<e>> non pode defender o seu erro argumentando que está aprendendo, posto que é o que aprendeu nada máis comenzar.
No seu lugar ese uso o que pasa a demostrar é unha total desconsideración e falta de interese por utilizar ben unha das normas máis básicas da lingua.
Isto é de especial gravidade entre aquelas persoas que ostenta representación publica de institucións nas que a lingua oficial primaria é o galego, xa que deberían ter un comportamento exemplarizante polo menos naquelo que corresponde o desempeño das labores públicas. Dame o mesmo se falan alemán, galego, castelán ou portugués, pero que o falen correctamente.
En calquera caso, se usas unha lingua durante anos e non corrixes un vicio polo que lle suspenden un exame a calquera alumno de primaria, mellor fica calado ¿non?. Non transmite a mellor imaxen da persoa.

-- at 2015-03-17T00:31:55Z

Ahora queda mucho mejor explicado =)


De todas maneras, mi comentario iba explicitamente por la frase que he citado.

JanKusanagi @identi.ca at 2015-03-17T00:37:32Z