Suso Comesaña (Cuenta antigua...cerrará dentro de poco)

#VIGO MANIFESTACIÓN SÁBADO 18 DE ABRIL ÁS 20:00 H. NON AO #TTIP.

Suso Comesaña (Cuenta antigua...cerrará dentro de poco) at

A CIG, membro da Plataforma Europea Alter Summit, súmase á xornada de mobilizacións xerais e simultáneas que se desenvolverán en Europa e América do norte o vindeiro sábado 18 de abril e convoca concentracións e actos en todas as comarcas contra os diferentes tratados que están a negociar a UE e EE.UU, entre eles o TTIP (Tratado Transatlántico de Comercio e Investimentos) e o CETA (Acordo Económico de Comercio Global).

En Vigo participamos na manifestación conxunta convocada pola plataforma “ Non ao TTIP” que partirá ás 20:00 horas desde a farola de Urzáiz e que rematará na porta do Sol coa lectura dun manifesto.

A plataforma Non ao TTIP, esta integrada por ADEGA, A Cova dos Ratos, ACOUGA, ANOVA Vigo-Mos, Asemblea de Movementos Sociais de Vigo, BNG, CIG, ContraMINAcción, Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres, Democracia Real Xa-Vigo, DesPensa, Entremos na Panificadora, ECOAR))), EQUO Galiza, Esquerda Unida, Horta Comunal de Donas, Moeda Social Val Miñor, Plataforma pola Defensa de Corcoesto e Bergantiños, Podemos Vigo, RSP-Vigo, TANKOllectif e Verdegaia.

Durante estes últimos meses a central sindical xa desenvolveu unha campaña para divulgar os contidos e as consecuencias que terán para as clases populares os tratados de libre comercio que a Unión Europea e os estados de América do Norte (EEUU e Canadá) están a negociar de xeito opaco. Uns tratados que, de se aprobar, suporán un golpe brutal á soberanía dos estados, ao quedar esta supeditada aos intereses e beneficios das empresas multinacionais e que provocarán un retroceso sen precedentes nos nosos dereitos económicos, sociais e ambientais máis elementais.

Na primeira fase desta campaña a CIG convocou actos abertos en cada unha das comarcas para informar do contido dos acordos e explicar as consecuencias que terán para nós como clase e como nación.

Vigo, 16 de abril de 2015

NON AO ACORDO USA-UE. SALVEMOS OS NOSOS DEREITOS !!!

EVAnaRkISTO likes this.

Colegota, Colegota, EVAnaRkISTO shared this.