Miguel Anxo Bouzada

Miguel Anxo Bouzada at

2º Obradoiro dos sábados libres na Altamar - Editatón da Galipedia

En GALPon temos posta toda a nosa ilusión nesta nova xornada dos nosos Sábados Libres a celebrar o vindeiro 28 de febreiro. Tanto é así que estamos na procura dun novo espazo que admita máis xente, en óptimas condicións técnicas e de comodidade e sen afastarnos xeográficamente do noso espazo habitual. Podedes ver todos os detalles en: Quixeramos salientar que, aínda que un dos principais obxectivos que nos temos proposto, é a creación e mellora de artigos relacionados coas tecnoloxías e a cultura libres, tampouco ímos deixar fora outras posibilidades. Temos moito interese na colaboración da xente do ensino para que aporte a creación de materiais que poidan ter uso nas aulas, ou calquera outra xanela aberta cara o coñecemento.

Propostas de artigos a mellorar

Propostas de creación de artigos

  • Software privativo
  • Copiade, malditos!
  • MOOC
  • Cultura libre
  • Datos abertos
  • Licenzas Creative Commons
  • Hardware libre
  • Arquitectura aberta
  • Bitcoin
  • Educación aberta
  • Impresora 3D
Non fornecemos, polo de agora, o enderezo do espazo físico onde imos xuntarnos ata que non teñamos asegurada a idoneidade do mesmo. Porén, podedes ir inscribíndovos e reservando a vosa praza como sempre e para iso dispomos do correspondente formulario de inscrición.
Como sempre, podedes seguir o desenvolvemento desta actividade no «evento no G+»


EVAnaRkISTO shared this.